Axudas para a renovación do parque nacional de maquinaria agrícola. Convocatoria Plan Renove 2020

O pasado 8 de outubro de 2019, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ( CNSST) aprobou o documento Proposta para a realización de actuacións paralelas á campaña “ A túa vida, sen voltas” , ao considerar que a campaña sobre o envorco do tractor debe ir acompañada dun conxunto de actuacións promovidas polas administracións públicas e axentes sociais, encamiñadas a reducir o número de tractores sen  ROPS e cinto de seguridade presentes nas explotacións agrarias.

Algunhas destas propostas foron consideradas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que estableceu unha serie de restricións aos tractores carentes de  ROPS no ámbito do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA)1 e incrementou as axudas á renovación do parque de maquinaria para mellorar as explotacións e a agricultura en España mediante o plan  RENOVE2, fomentando as destinadas á compra dun tractor novo e o refugado como chatarra do vello.

Desta forma, na convocatoria das axudas correspondentes ao plan  RENOVE2 para o exercicio 2020 auméntase a contía máxima ata 8.000.000 euros e establécense dúas liñas, unha só para tractores e outra para o resto de máquinas. O orzamento para subvencionar os tractores é de 5.000.000 euros.

Prazo PECHADO

1 Real Decreto 448/2020, do 10 de marzo sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola.

2 Real Decreto 704/2017, do 7 de xullo, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa das subvencións estatais para a renovación do parque nacional de maquinaria agraria

Imagen de dos señores y un tractor

Pódese atopar máis información na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Ayudas para la renovación de la maquinaria agrícola

Pódese atopar máis información na:
Centro Nacional de Medios de Protección (CNMP)
c/ Carabela La Niña, nº 16 – Sevilla 41007
Tlfn: 95.451.41.11