Documentación disponible para la materia "Agrario"

En este apartado se recoge una recopilación de documentos elaborados por el INSST tales como notas técnicas de prevención, guías técnicas, material técnico y divulgativo, entre otros, en materia de prevención de riesgos laborales y, en concreto, en agrario.

"A túa vida, sen voltas" (en galego)

"A túa vida, sen voltas" (en galego)

A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) aprobou en decembro de 2018, a proposta do Grupo de Traballo Sector Agrario, o Plan Nacional de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrario (en castelán). A necesidade deste plan está avalada tanto polos datos de sinistralidade publicados como polos múltiples factores de risco aos que están sometidos os traballadores deste sector.

Ademais, acordouse que a primeira campaña do Plan de Sensibilización se centrara no envorco do tractor, principal axente material asociado ao accidente en xornada laboral nas actividades agraria e gandeira.

Os obxectivos desta campaña son o fomento do uso seguro do tractor e o aumento do número de tractores provistos de estrutura de protección en caso de envorco (ROPS) e de cinto de seguridade, a través da concienciación respecto ao risco de envorco e aos posibles danos ocasionados por este tipo de accidentes.

Esta campaña presentouse na Xornada técnica:

A documentación básica da campaña consiste en:

  • Material promocional, que inclúe un cartel, un tríptico, imáns, chapas, adhesivos e chaveiros.
  • Material técnico, que inclúe un cartel, un folleto, un vídeo divulgativo con infografía relacionada e un simulador de condución segura do tractor.

Pódese dispoñer deste material e, ademais, participar de diferentes formas na campaña en:

Imagen de dos agricultores en el campo, uno de ellos conduciendo un tractor y el otro con el pulgar hacia arriba